domingo, 12 de xaneiro de 2025

AS MOCHILAS VIAXEIRAS XA ESTÁN DE CAMIÑO!

Ai, que emoción! Estes días a nosa biblioteca encheuse de movemento... porque as mochilas viaxeiras comezaron a súa aventura! 

Levan no seu interior contos fantásticos, xogos de mesa, propostas para mover o corpo en familia… e ata un libro de experimentos para pequenos científicos e científicas curiosas!

Todo pensado para que na casa haxa risas, lectura, xogos e un chisco de ledicia compartida.

Cada mochila leva un anaquiño da nosa biblioteca, e eu, Puíñas, encárgome de que cheguen ben cargadiñas.

Lembrade: cando a mochila peta na vosa porta... a maxia comeza!




Por Puíñas, a mascota máis lectora do cole

luns, 23 de decembro de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Xa chega unha das miñas épocas favoritas do ano! Todo se enche de luces, música, apertas e... libros! 
Na biblioteca xa teño todo listo para que desfrutedes dun Nadal cheo de aventuras, emocións e boas lecturas.

Preparei con moito agarimo unhas recomendacións lectoras para estas festas e uns xogos. Hai para todos os gustos!

E que vos vou dicir da actuación dos nenos e nenas do cole… Este ano volven deixarnos coa boca aberta! Canto traballo, canto ensaio e canto talento! É un momento moi especial para todos e todas, e a min encántame ver como medra a creatividade e a alegría nos vosos ollos.

Así que, desde o meu recuncho de libros, quédame só desexarvos algo moi importante:

 Que teñades un bo Nadal . Que nunca falte un libro na vosa mochila nin unha historia na vosa vida.

Bo Nadal e felices lecturas!



xoves, 28 de novembro de 2024

Un recuncho cheo de palabras que importan

Un recuncho cheo de palabras que importan 💜
Por Puíñas

A semana pasada vin como mestres e mestras buscaban libros sobre a violencia de xénero. Entre eles, apareceu Arturo e Clementina, un conto moi especial. Xunto a outros títulos, foron parar ao hall do colexio, un dos moitos recunchos lectores que hai no noso cole, con un sofá amarelo que invita a sentarse e pensar.

Este espazo vai cambiando segundo o tema que se traballa, e eu, desde as portas da biblioteca, vexo como os nenos e nenas o desfrutan na hora de lectura. 


O 25 de novembro, colaboraron tamén co Concello: leron un manifesto e decoraron o centro con palabras poderosas como igualdade, respecto e liberdade.


E así, entre libros, accións e reflexións, seguimos facendo do noso cole un lugar mellor, onde a lectura é tamén unha forma de cambiar o mundo.





luns, 4 de novembro de 2024

SAMAÍN

 O pasado mércores o cole transformouse e daba auténtico medo... Todo escuro, unha cova con esqueletos, cabazas da prehistoria...e eu saín da miña casiña a ver que se cocía por alí... Entón atopei os nenos/as doutra época pasada e moi atentos a unha historia que alí se estaba contando. Eran os mestres os protagonistas, e narraban un conto terrorífico da prehistoria. Eu agocheime co medo que tiña...

Había unha mestra, que non a coñecín, tiña unha cara de medo total, e era chamada polo nome de Raimunda. Que ben o facía! Que arte!

E o alumnado tampoco parecía que fose o mesmo, estaban irrecoñecibles. Pero o que máis me abraiou foron as cabazas. Seica foi un traballo en familia. Que familias tan traballadoras e implicadas temos neste cole. Así da gusto traballar.

Tamén vin que daban premios ás mellores cabazas. Tivo que ser ben difícil escoller. A min parecíanme todas alucinantes.

GALERÍA





venres, 25 de outubro de 2024

LER CONTA MOITO

 Estou moi contento. Onte fun co alumando de primaria a coñecer a nova casa da Cultura. Alí hai unha gran bibliotecaria que nos organiza contacontos super chulos. Sabedes de quen falo?Pois sí, de Teresa. É estupenda.

E esta vez a visita foi.... Paula Carballeira! Contounos e escenificou un conto que nos deixou abraiados. Que ben o fixo! Quedamos con ganas de máis.

Déixovos unhas fotiños dese día.

Firmado: Puíñas.



A PEGADA DO PASADO

 

A PEGADA DO PASADO

Amiguiños e amiguiñas xa o descubristes, non??? Esta vez púxenvolo fácil. Este curso traballaremos dende a existencia dos dinosaurios ata a prehistoria. Collede a lupa que nos imos poñer de novo a investigar. Que ilusión me fai coñecer como vivían os nosos antepasados, e como non eses bichos grandes que tanto nos gustan. 


AHHHHH!!! E non vos encanta a idea de ter que vir o cole de terroríficos cavernícolas? Eu vou ser o primeiro en vestirme, jejejejejejej. Que ganiñas de vervos a todos e todas.
Preparádevos que estou montando unha velada alucinante e terrorífica. JAJAJAJAJAJAJAJJA. 

E non vos esquezades de vestir tamén a vosa cabaza, sairei da biblio a dar un paseo e ver cales son as máis chulas. 


martes, 15 de outubro de 2024

PRESENTACIÓN DO PDI (PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO) NO NOSO COLE

 BENVIDOS E BENVIDAS!!

Benvidos e benvidas a este novo curso escolar!!! Aquí un ano máis, véndovos chegar ao cole con moita ilusión de aprender, e eu de ensinarvos moitas cousiñas. 

Sabedes onde estou? Metido nunha cova e con osos na cabeza. Non escoitariades algo por aí? De que vai isto? Polo que escoitei polos corredores, hai un vídeo que nos pode dar unhas pistas. Vémolo xuntos? 





luns, 17 de xuño de 2024

 Moi boas de novo amiguiñ@s!!!!

Desta volta imos falar dunha das actividades máis apaixoantes que fixemos este ano!! Fomos a escalar ao Rocódromo de Lugo con toda a etapa de Eduación Primaria. Eu sabía de boa fe que os nenos e nenas tiñan habilidades parecidas ás miñas, o que non contaba é que mesmo algúns mestr@s se ían a atrever para as risas de todas. Mentres tanto, o alumnado de Educación Infantil gozou dunhas actividades de tempo libre nun medio natural tan fermoso coma o paseo do río Miño. Foi unbha xornada de moita altura.


SEGUNDO ENCONTRO INTERXERACIONAL

 Boas pícaros e pícaras!! Fixemos uns encontros interxenaracionais moi interesantes, visitamos a gardería e o centro de maiores, alí contámoslle uns contiños moi chulos que había na nosa biblio. Nós tamén aprendemos  un montón coa xente maior e a  xente miúda deste concello. Aconséllovos que cando teñades a oportunidade, escoitedes a sabiduría dos vosos anciáns, sempre aprenderedes algo novo. 


martes, 21 de maio de 2024

Letras galegas con María Vázquez

O xoves tivemos unha visita moi especial no cole. Coñecedes a Peque da peli Cuñados? Pois siiii, María Vázquez estivo aquí. Que rapaza máis atenta! Fixo un taller de interpretación e os nenos/as convertíronse en actores por un día. Eu non me atrevín a participar, pero para a próxima non mo perdo. Estes nenos/as de Antas teñen futuro… nótase o aire da Comarca da Ulloa.

Premede na foto e poderedes ver o ben que o pasamos. 




martes, 7 de maio de 2024

TEA TIME

 Ola amig@s!!

Teño unha novidade!!!!! A semana pasada tiven unha visita no recreo!!! Apareceron pola miña porta os alumnos e alumnas de 5º e 6º e tachán.... o mestre Pablo con Arí e..... unhas pastas. UMMMM que ricas!! Puxéronse a falar en Inglés todo o tempo, que ben falaban, que forma más interesante de mellorar a pronunciación. E..... hoxe vin aparecer os de 3º e 4º, de novo unhas pastas e unha conversa en inglés.  Escoitando estos rapaces e rapazas creo que vou saber falar inglés moi rápido, que maravilla de actividade. Espero que volvan, seica se chama TEA TIME, un parladoiro de toda a vida. 

Bye, bye, seguireivos informando....

Atentamente, Puíñas. 





IDEAS PARA O NOSO PDI 2025/2026

  Que ganas teño de volver ver remexer por aquí a todo o alumnado despois deste verán! Xa vos boto en falta polos recunchos dá biblioteca… ...