Amiguiños e amiguiñas, incluíndo nas actividades da biblio o proxecto de vida activa e deportiva, celebramos con moita ilusión o II Roteiro Literario, unha xornada inesquecible onde mesturamos natureza, compañeirismo, música e historia.
Saímos dende A Somoza, percorremos unha fermosa ruta a pé e visitamos os petróglifos do Chan da Gurgulla e da Laxe Ferrada, auténticos tesouros que nos lembran a pegada do pasado… e que están moi preto de nós!
Tivemos a sorte de contar coa participación dunha familia, que compartiu co profesorado o seu saber sobre estes lugares. E, coma sempre, os mestres e mestras puxéronse mans á obra para transmitirlle ao alumnado todo ese coñecemento, convertendo a saída nunha verdadeira viaxe ao pasado, conectada co noso Proxecto Documental Integrado (PDI).
E como non podía faltar… tamén houbo música, celebrando o día das letras galegas! Rendemos homenaxe ás Cantareiras, da man da nosa veciña Patricia Coucheiro, que nos fixo vibrar co poder da tradición oral, a cal tamén acompañamos cantando nunha canción que previamente ela nos fixera chegar.
Unha xornada chea de aprendizaxes e emocións. Grazas a todas as persoas que a fixeron posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario