O pasado mércores o cole transformouse e daba auténtico medo... Todo escuro, unha cova con esqueletos, cabazas da prehistoria...e eu saín da miña casiña a ver que se cocía por alí... Entón atopei os nenos/as doutra época pasada e moi atentos a unha historia que alí se estaba contando. Eran os mestres os protagonistas, e narraban un conto terrorífico da prehistoria. Eu agocheime co medo que tiña...
Había unha mestra, que non a coñecín, tiña unha cara de medo total, e era chamada polo nome de Raimunda. Que ben o facía! Que arte!
E o alumnado tampoco parecía que fose o mesmo, estaban irrecoñecibles. Pero o que máis me abraiou foron as cabazas. Seica foi un traballo en familia. Que familias tan traballadoras e implicadas temos neste cole. Así da gusto traballar.
Tamén vin que daban premios ás mellores cabazas. Tivo que ser ben difícil escoller. A min parecíanme todas alucinantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario