xoves, 17 de abril de 2025

UN DÍA PARA O RECORDO... CUN CORAZÓN CHEO DE EMOCIÓN!

Por Puíñas, o porco espiño da nosa Bibliopuíñas

Hoxe foi un día máxico… por fin chegou a tan agardada inauguración da nosa biblioteca! Unha desas xornadas que se gardan ben fondo na memoria. Tivemos a sorte de contar coa presenza da ANPA, do Consello Escolar, da bibliotecaria municipal, das autoridades… e mesmo coa visita especial da escritora Ana Meilán, que encheu a mañá de contos marabillosos . Un auténtico luxo!

Pero sabedes que é o que me encheu o fociño de orgullo? Ver ao meu alumnado, sempre disposto, sempre entregado. Presentaron os recunchos con ledicia, cantaron todos xuntos unha canción moi especial, e… chegou o momento do noso robot que descubriu a placa da inauguración!

O profesorado e o noso gran conserxe, emocionados, sabían que todo o esforzo valera a pena. Foi un día cheo de ilusión, traballo en equipo e emocións compartidas. 

Agora, toca seguir traballando, porque Bibliopuíñas é un soño feito realidade, un motor de aprendizaxes e alegría para toda a escola, é moito máis ca un espazo: é un proxecto vivo, colaborativo e cheo de ilusión.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

IDEAS PARA O NOSO PDI 2025/2026

  Que ganas teño de volver ver remexer por aquí a todo o alumnado despois deste verán! Xa vos boto en falta polos recunchos dá biblioteca… ...