mércores, 30 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO: UN CONTO PARA LEMBRAR.

 O día do libro é unha das datas máis especiais para min… e sei que tamén para todo o cole! Por iso, este ano celebrámolo cunha das actividades favoritas do noso alumnado: os contos intercursos.

Que marabilla ver aos maiores contando historias aos máis pequenos! E despois, entre todos, crear un debuxo sobre o conto compartido. O cole enteiriño transformouse nun mar de narracións: contábanse contos na nosa gran Bibliopuíñas, polos corredores, no hall, na cova do PDI… ata preto do noso querido troncomóbil

E non me digades que non é incrible escoitar contos… tamén en inglés! Que artistas están feitos estes nenos e nenas. Todo isto fai que eu, Puíñas, soñe cun futuro onde, os nenos e nenas da miña biblio, leven consigo ese amor polos libros.





Por Puíñas, sempre entre contos 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

IDEAS PARA O NOSO PDI 2025/2026

  Que ganas teño de volver ver remexer por aquí a todo o alumnado despois deste verán! Xa vos boto en falta polos recunchos dá biblioteca… ...