O día do libro é unha das datas máis especiais para min… e sei que tamén para todo o cole! Por iso, este ano celebrámolo cunha das actividades favoritas do noso alumnado: os contos intercursos.
Que marabilla ver aos maiores contando historias aos máis pequenos! E despois, entre todos, crear un debuxo sobre o conto compartido. O cole enteiriño transformouse nun mar de narracións: contábanse contos na nosa gran Bibliopuíñas, polos corredores, no hall, na cova do PDI… ata preto do noso querido troncomóbil!
E non me digades que non é incrible escoitar contos… tamén en inglés! Que artistas están feitos estes nenos e nenas. Todo isto fai que eu, Puíñas, soñe cun futuro onde, os nenos e nenas da miña biblio, leven consigo ese amor polos libros.
Por Puíñas, sempre entre contos