Esta vez, a nosa biblioteca transformouse nun verdadeiro scape room ambientado na Prehistoria! Con motivo da celebración do Día da Paz, o alumnado percorreu distintas probas por cursos, resolvendo retos, colaborando e axudándose para atopar os fragmentos agochados do símbolo da paz, que despois reconstruíron todos xuntos na biblioteca, como símbolo da unión.
Xa dentro, puideron escoitar os audios elaborados por cada clase, onde presentaban figuras inspiradoras como Nelson Mandela, Malala Yousafzai ou Ahed Tamimi, sobre as que investigaran previamente con gran interese e sensibilidade.
E para poñer o broche final, todos e todas participaron nun baile tribal no patio interior, cheo de forza, simbolismo e emoción, que eu observei encantado desde a fiestra da miña querida biblio.
Porque a paz non é algo que se atopa por casualidade: constrúese día a día, entre todos, con respecto, colaboración e moita ilusión.
Por Puíñas, cronista prehistórico e bibliotecario curioso
Ningún comentario:
Publicar un comentario