martes, 30 de abril de 2024

ROTEIRO LITERARIO

 

Bos días!! Aquí estou de novo para contarvos que roteiro máis interesante fixemos no noso colexio. 

En conmemoración co día do libro, fixemos unha camiñata na que parabamos nalgún lugar moi especial. Nese lugar unha veciña de Antas de Ulla, Andrea, que escribiu o libro "Toponimia de Antas de Ulla", contounos historias moi singulares sobre a toponimia e lendas da nosa contorna. Escoitei a algún alumn@ dicir "que ben fala Andrea", pero non vos preocupedes, vide moito a miña biblioteca e conseguiredes falar como ela. 

Anímovos a lembrar a lenda do farelo que nos contou, e a investigar sobre o nome das nosas fincas. Esperamos repetir este roteiro para o curso que ben, camiñar, leer e escoitar nestas paisaxes de Antas de ulla, que ledicia. 

Un saúdo, Puiñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

 Moi boas de novo amiguiñ@s!!!! Desta volta imos falar dunha das actividades máis apaixoantes que fixemos este ano!! Fomos a escalar ao Rocó...