xoves, 27 de febreiro de 2025

ENTROIDO PREHISTÓRICO CON TRONCOMÓBIL INCLUÍDO!

 Por Puíñas, testemuña de festexos e boas ideas

Ai, o Entroido… que xornada máis especial vivimos no noso centro! Este ano, viaxamos atrás no tempo e aterramos no mundo dos Picapiedra, grazas ao noso PDI “A pegada do pasado”. Cada grupo escolleu personaxes desta mítica serie.

Non podo deixar de lembrar os máis pequenos, Pebbels e Bam-Bam, que ían para comelos! E falando de pequenos… tamén se uniron ao desfile os nenos e nenas da gardería, disfrazados de dinos! Que ledicia ver como todo o pobo se encheu de cor, risas e música.



E por se isto fose pouco… ata había un troncomóbil! Si, si, coma o da serie! Sen dúbida, este entroido foi incrible, divertido e moi noso.

Porque en Bibliopuíñas, ata os disfraces teñen historia.

mércores, 19 de febreiro de 2025

O AMOR XA DENDE A PREHISTORIA....

 O 14 de febreiro vivimos unha xornada chea de emocións coa actividade “O amor… xa dende a Prehistoria”. O alumnado participou cunha chea de narracións, creadas ó longo da semana nas aulas e na biblioteca,  onde o amor —á familia, aos animais, aos recordos ou mesmo aos obxectos máis queridos— foi o gran protagonista.

Na biblioteca cremos na importancia de mellorar as narracións, de darlle forma ás ideas e aprender a expresar con palabras aquilo que sentimos. Por iso, este concurso foi tamén unha oportunidade para facer medrar a capacidade de escribir.




O noso gran corazón no corredor, cheo de creacións decoradas, e os contos expostos no sofá amarelo, fixeron que a lectura e a escrita fosen mellorando no noso alumnado.

Nesta actividade, tamén puxeron en práctica o aprendido cos microbits, en relación o recuncho de biblioteca creativo. Os microbits, iluminaron a actividade. 




Porque xa na Prehistoria había agarimo...

Por Puíñas, cronista de sentimentos ancestrais

luns, 3 de febreiro de 2025

O SÍMBOLO PERDIDO DA PAZ

 

    Esta vez, a nosa biblioteca transformouse nun verdadeiro scape room ambientado na Prehistoria! Con motivo da celebración do Día da Paz, o alumnado percorreu distintas probas por cursos, resolvendo retos, colaborando e axudándose para atopar os fragmentos agochados do símbolo da paz, que despois reconstruíron todos xuntos na biblioteca, como símbolo da unión.

    Xa dentro, puideron escoitar os audios elaborados por cada clase, onde presentaban figuras inspiradoras como Nelson Mandela, Malala Yousafzai ou Ahed Tamimi, sobre as que investigaran previamente con gran interese e sensibilidade.

    E para poñer o broche final, todos e todas participaron nun baile tribal no patio interior, cheo de forza, simbolismo e emoción, que eu observei encantado desde a fiestra da miña querida biblio.

    Porque a paz non é algo que se atopa por casualidade: constrúese día a día, entre todos, con respecto, colaboración e moita ilusión.





Por Puíñas, cronista prehistórico e bibliotecario curioso

IDEAS PARA O NOSO PDI 2025/2026

  Que ganas teño de volver ver remexer por aquí a todo o alumnado despois deste verán! Xa vos boto en falta polos recunchos dá biblioteca… ...