xoves, 28 de novembro de 2024

Un recuncho cheo de palabras que importan

Un recuncho cheo de palabras que importan 💜
Por Puíñas

A semana pasada vin como mestres e mestras buscaban libros sobre a violencia de xénero. Entre eles, apareceu Arturo e Clementina, un conto moi especial. Xunto a outros títulos, foron parar ao hall do colexio, un dos moitos recunchos lectores que hai no noso cole, con un sofá amarelo que invita a sentarse e pensar.

Este espazo vai cambiando segundo o tema que se traballa, e eu, desde as portas da biblioteca, vexo como os nenos e nenas o desfrutan na hora de lectura. 


O 25 de novembro, colaboraron tamén co Concello: leron un manifesto e decoraron o centro con palabras poderosas como igualdade, respecto e liberdade.


E así, entre libros, accións e reflexións, seguimos facendo do noso cole un lugar mellor, onde a lectura é tamén unha forma de cambiar o mundo.





luns, 4 de novembro de 2024

SAMAÍN

 O pasado mércores o cole transformouse e daba auténtico medo... Todo escuro, unha cova con esqueletos, cabazas da prehistoria...e eu saín da miña casiña a ver que se cocía por alí... Entón atopei os nenos/as doutra época pasada e moi atentos a unha historia que alí se estaba contando. Eran os mestres os protagonistas, e narraban un conto terrorífico da prehistoria. Eu agocheime co medo que tiña...

Había unha mestra, que non a coñecín, tiña unha cara de medo total, e era chamada polo nome de Raimunda. Que ben o facía! Que arte!

E o alumnado tampoco parecía que fose o mesmo, estaban irrecoñecibles. Pero o que máis me abraiou foron as cabazas. Seica foi un traballo en familia. Que familias tan traballadoras e implicadas temos neste cole. Así da gusto traballar.

Tamén vin que daban premios ás mellores cabazas. Tivo que ser ben difícil escoller. A min parecíanme todas alucinantes.

GALERÍA





IDEAS PARA O NOSO PDI 2025/2026

  Que ganas teño de volver ver remexer por aquí a todo o alumnado despois deste verán! Xa vos boto en falta polos recunchos dá biblioteca… ...