luns, 14 de xullo de 2025

Puíñas presenta a documentación pedagóxica do noso PDI: "A pegada do pasado"

 Olaaa, familias e lectoriñas e lectoriños do blog! 

Son eu, Puíñas, e esta vez veño con algo moi especial: os traballos pedagóxicos de todo o alumnado arredor do noso Proxecto Documental Integrado!

Este curso investigamos, creamos, dramatizamos, xogamos e aprendimos moitísimo con “A pegada do pasado”. Dende a prehistoria ata os nosos días, pasando polo cerebro, os dinosauros, as cavernas ... foron meses de descubrimentos e ilusión!

E como sei que sodes moi curiosos/as, aquí vos deixo os enlaces da documentación pedagóxica elaborada polos equipos de cada curso. Se queredes saber todo o que fixeron os nosos pequenos exploradores, clicade nas ligazóns e disfrutade das súas aventuras

🔹 Educación Infantil
Ver documento

🔹 1.º Ciclo de Primaria
Ver documento

🔹 2.º Ciclo de Primaria
Ver documento

🔹 3.º Ciclo de Primaria
Ver documento

Non esquezades deixar as vosas propostas para o próximo PDI. Todo vale se esperta curiosidade... e xa sabedes que a miña cabeza non para de dar voltas! 

Ata a próxima,
Puíñas 

xoves, 3 de xullo de 2025

PUÍÑAS RECOMENDA: UN VERÁN DE LECTURAS, XOGOS E MOITA IMAXINACIÓN!

 Olaaa!  Aquí Puíñas! Chega o verán, e con el moitas horas por diante para gozar, explorar, crear e... desconectar!

Dende o meu recuncho da biblioteca, fágovos unhas recomendacións para que este verán sexa tempo de crecemento e diversión real:

Lede contos e libros en familia.
Xogade a xogos de mesa.
Saíde á natureza e xogade libremente.
Deixádevos aburrir un pouquiño... o aburrimento é a antesala da creatividade!

Como nos lembra María Couso no seu libro Cerebro y pantallas:

“ O importante é saber o que fan no cerebro, para que poidamos decidir, con información, como e canto empregalas. Ler, xogar, aburrirse... son actividades que fortalecen as conexións cerebrais e favorecen o desenvolvemento.”

Fai clic na imaxe para acceder ás nosas recomendacións lectoras e de xogos para este verán.


E non esquezades que na nosa marabillosa Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, aberta durante o mes de xullo en horario de 15:00 a 19:00 h, podedes atopar algúns dos exemplares citados e moitas outras lecturas para un verán cheo de aventuras.

Cada día un anaco de lectura, un intre para xogar en compañía e un momento sen nada que facer... para deixar voar a mente!

Desexámosvos un verán cheo de experiencias auténticas, compartidas e enriquecedoras.

Agardámosvos en setembro coa mochila chea de novas historias!

Con todo o agarimo,

PUÍÑAS

IDEAS PARA O NOSO PDI 2025/2026

  Que ganas teño de volver ver remexer por aquí a todo o alumnado despois deste verán! Xa vos boto en falta polos recunchos dá biblioteca… ...