mércores, 3 de setembro de 2025

IDEAS PARA O NOSO PDI 2025/2026

 

Que ganas teño de volver ver remexer por aquí a todo o alumnado despois deste verán! Xa vos boto en falta polos recunchos dá biblioteca…

Ando a voltas con algo moi importante: o Proxecto Documental Integrado (PDI) deste curso.

Queremos que sexa moi especial, que nos faga investigar, aprender e xogar, pero sobre todo que nos motive a todas e todos. E claro, para iso… preciso da vosa axuda! 

Estou á procura dunha idea que sexa tan emocionante que vos faga vir correndo á biblio a buscar información, preguntar, descubrir e compartir.

Por iso, anímovos a participar e deixar as vosas propostas. Seguro que en cada casa hai ideas xeniais, e entre todas atoparemos ese tema perfecto que nos acompañará durante o curso.

Só tedes que premer neste enlace e escribir a vosa proposta:
[ENLACE PARA ENVIAR AS IDEAS]

Estou impaciente por saber que se vos ocorre… !

🎥 Se queres lembrar o que fixemos o ano pasado, mira este vídeo: 

Ver vídeo do PDI anterior

Unha aperta lectora,
Puíñas

luns, 14 de xullo de 2025

Puíñas presenta a documentación pedagóxica do noso PDI: "A pegada do pasado"

 Olaaa, familias e lectoriñas e lectoriños do blog! 

Son eu, Puíñas, e esta vez veño con algo moi especial: os traballos pedagóxicos de todo o alumnado arredor do noso Proxecto Documental Integrado!

Este curso investigamos, creamos, dramatizamos, xogamos e aprendimos moitísimo con “A pegada do pasado”. Dende a prehistoria ata os nosos días, pasando polo cerebro, os dinosauros, as cavernas ... foron meses de descubrimentos e ilusión!

E como sei que sodes moi curiosos/as, aquí vos deixo os enlaces da documentación pedagóxica elaborada polos equipos de cada curso. Se queredes saber todo o que fixeron os nosos pequenos exploradores, clicade nas ligazóns e disfrutade das súas aventuras

🔹 Educación Infantil
Ver documento

🔹 1.º Ciclo de Primaria
Ver documento

🔹 2.º Ciclo de Primaria
Ver documento

🔹 3.º Ciclo de Primaria
Ver documento

Non esquezades deixar as vosas propostas para o próximo PDI. Todo vale se esperta curiosidade... e xa sabedes que a miña cabeza non para de dar voltas! 

Ata a próxima,
Puíñas 

xoves, 3 de xullo de 2025

PUÍÑAS RECOMENDA: UN VERÁN DE LECTURAS, XOGOS E MOITA IMAXINACIÓN!

 Olaaa!  Aquí Puíñas! Chega o verán, e con el moitas horas por diante para gozar, explorar, crear e... desconectar!

Dende o meu recuncho da biblioteca, fágovos unhas recomendacións para que este verán sexa tempo de crecemento e diversión real:

Lede contos e libros en familia.
Xogade a xogos de mesa.
Saíde á natureza e xogade libremente.
Deixádevos aburrir un pouquiño... o aburrimento é a antesala da creatividade!

Como nos lembra María Couso no seu libro Cerebro y pantallas:

“ O importante é saber o que fan no cerebro, para que poidamos decidir, con información, como e canto empregalas. Ler, xogar, aburrirse... son actividades que fortalecen as conexións cerebrais e favorecen o desenvolvemento.”

Fai clic na imaxe para acceder ás nosas recomendacións lectoras e de xogos para este verán.


E non esquezades que na nosa marabillosa Biblioteca Municipal de Antas de Ulla, aberta durante o mes de xullo en horario de 15:00 a 19:00 h, podedes atopar algúns dos exemplares citados e moitas outras lecturas para un verán cheo de aventuras.

Cada día un anaco de lectura, un intre para xogar en compañía e un momento sen nada que facer... para deixar voar a mente!

Desexámosvos un verán cheo de experiencias auténticas, compartidas e enriquecedoras.

Agardámosvos en setembro coa mochila chea de novas historias!

Con todo o agarimo,

PUÍÑAS

luns, 9 de xuño de 2025

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS, PDI E BIBLIOTECA

 FAMILIAS! NON VOS PERDADES ESTA GRAN XORNADA!

Dende Bibliopuíñas temos unha nova que vos vai facer sorrir (e esperamos que tamén facer correr ata o cole ).

O vindeiro 17 de xuño abrimos as portas da nosa escola para compartir con vós todo o traballo feito arredor do noso Proxecto Documental Integrado: A pegada do pasado.

Será unha xornada especial. E, sobre todo, unha ocasión perfecta para ver de preto o esforzo e ilusión do voso fillo/a ao longo de todo o curso.

QUE PODEREDES VER?
- A nosa querida Bibliopuíñas, chea de vida e novidades
- Os produtos finais do PDI elaborados por TODO o alumnado
- A exposición dos obradoiros creativos realizados
- A nosa inspiradora Cova do Farelo, onde naceu esta aventura

Contamos convosco! A vosa presenza é moi importante para nós e para os nenos e nenas, que traballaron con moita entrega e ilusión. 





Vémonos o 19!
Con moita emoción,
Puíñas 

DANDO FORMA OS PRODUCTOS FINAIS DO NOSO PDI

 Despois de tanto traballo ó longo do curso, en Bibliopuíñas estamos a vivir unhas semanas de auténto bulir! Todos os cursos andan a tope rematando o produto final do noso Proxecto Documental Integrado: “A pegada do pasado”

Investigación, creatividade, colaboración... Non falta detalle! Cada grupo está poñendo o seu gran de area para que todo quede de marabilla. Desde dinos ata cerebros prehistóricos, pasando por aventuras arqueolóxicas e descubrimentos sorprendentes!







Seguimos creando!
 Puíñas

VISITA DE ALUMNADO DO CEIP MONTERROSO A NOSA BIBLIO

 Tivemos unha visita moi especial na nosa querida Bibliopuíñas!

O alumnado do CEIP de Monterroso, que participa no seu club de lectura, veu andando dende o seu centro ata a nosa escola para coñecer de primeira man como funciona a nosa biblioteca 

Compartimos ideas, experiencias e moita ilusión, para que poidan levar algunhas das nosas propostas e adaptalas á súa biblio. Que emoción ver como as nosas portas se abren para aprender xuntos!

Un pracer recibirvos! Ata a próxima 

 Puíñas 


domingo, 8 de xuño de 2025

DÍA DA FAMILIA, O BOTE DAS PALABRAS!

 Ai, amiguiños… que emoción máis grande sentín estes días! Dende a nosa querida Bibliopuíñas seguimos creando pontes entre escola e fogar. Unha das actividades foi o Bote das Palabras, unha proposta para celebrar o Día da Familia.

As familias trouxeron uns botes preciosísimos, decorados con moito mimo, cheos de palabras agarimosas, significativas e cheas de vida. Puíñas non daba abasto de tanta emoción… cantas palabras cabían nese pequeno recuncho!

Agora eses botes forman parte da biblio, nun espazo cheo de significado, no corredor que leva á nosa cova do saber. Alí, un anaquiño de cada familia queda gardado, como mostra do valor da palabra compartida.

 Grazas por participar, familias! Porque entre contos, libros e palabras… medramos todos xuntos.



Ata a próxima, cun chisquiño de tinta e outro de maxia!

sábado, 7 de xuño de 2025

AULA SENSORIAL E AULA POLOS

 Puíñas informa…! 

O noso recuncho de BiblioCreativa está cheíño e, como non colle todo na biblio, tamén se espalla polos recunchos do cole! Un deses espazos tan especiais é a nosa Aula Sensorial, onde os nenos e nenas descubren, exploran e aprenden a través dos sentidos. Texturas, luces, sons... un mundo de experiencias que fan que o aprendizaxe sexa inesquecible!

E por se fora pouco… tamén temos a aula de polos, outro lugar creativo onde a imaxinación medra sen parar!

Aquí vos deixamos unha pequena mostra en imaxes, da aula sensorial e da miña imaxe feita en polos, especificamente coa impresora 3D, que guapo quedei!! Neste cole a creatividade non ten paredes 








xoves, 5 de xuño de 2025

PROGRAMA OBSERVACIÓN

O noso profesorado está inmerso no Programa Observación, un espazo de formación onde aprenden novas técnicas para ensinar do mellor xeito posible ao noso alumnado.

Este programa axúdanos a compartir experiencias, observar prácticas e medrar xuntos, sempre coa mirada posta en ofrecer unha educación de calidade, feita con moito cariño. Deixovos un enlace:

PROGRAMA OBSERVACIÓN

 

mércores, 4 de xuño de 2025

UNHA VIAXE FASCINANTE POLO CEREBRO CO PROXECTO COMPETENCIAL

O alumnado participante no Proxecto Competencial traballou arreo investigando sobre o cerebro e a súa evolución dende a Prehistoria ata a actualidade. Compararon como era naquel tempo e como é agora, descubrindo datos ben curiosos!

Non só aprenderon moitísimo, senón que elaboraron materiais chulísimos: representacións creativas da información, un Genially con retos para resolver e unha presentación en Canva que recolle todo o aprendido.

Case todos os venres viñan a visitarme á BiblioPuíñas… e que ledicia ver tanto entusiasmo e ganas de aprender!

Puíñas, co cerebro cheo de curiosidade 

luns, 2 de xuño de 2025

ENCONTROS INTERXENERACIONAIS

 Na nosa biblioteca, adoramos compartir momentos, e que mellor que facelo xuntos, maiores e pequenos?

Nesta ocasión, fomos visitar a Casa do Maior do concello para levarlles un contiño moi especial. Pero non foi só ler, non... fixemos unha pequena representación teatral titulada "Misterio no museo". Facendo fincapé na temática da biblioteca, o teatro.

O alumnado e as persoas maiores disfrutaron a tope desta experiencia chea de risas e emocións, demostrando que o teatro e a lectura unen xeracións.

VISITA A CASA DO MAIOR

 Puíñas 

IDEAS PARA O NOSO PDI 2025/2026

  Que ganas teño de volver ver remexer por aquí a todo o alumnado despois deste verán! Xa vos boto en falta polos recunchos dá biblioteca… ...